100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección como consecuencia dun operativo da policía local do Porriño.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección como consecuencia dun operativo da policía local do Porriño

Un total de 100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección formularon onte axentes da Policía Local do Porriño mediante un operativo despregado en todas as entradas e saídas por estrada do termo municipal.

No transcurso do operativo, realizado entre as catro e as oito da tarde, os axentes pararon e revisar vehículos particulares, camións, furgonetas de reparto e ata autobuses de transporte de viaxeiros e de liñas regulares.

A falla máis habitual foi que varias persoas compartían vehículo sen facer uso das máscaras sen ser familiares ou conviventes.

Cada denuncia da lugar a unha sanción económica de 100 euros por persoa que tramitará a autoridade competente.

Durante as semanas anteriores, a Policia Local do Porriño estivo realizando unha labor “pedagóxica” avisando aos cidadáns da obrigatoriedade do uso das máscaras.

A Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure volve a instar á veciñanza a que “sexan conscientes da gravidade da situación e que o uso obrigatorio das máscaras de protección e observar as medidas de distancia, é polo ben de todos”, segundo manifestou a tenente de alcalde. 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete