O Festival de Cans presenta en Compostela o seu 17º certame

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os representantes do festival, Keka Losada e Alfonso Pato, presentaron onte o cartel do vindeiro certame, acompañados da realizadora Paula Cons e da actriz Victoria Teijeiro, e deron detalles sobre a súa organización. As entradas sairán á venda o día 27 de xullo.

 

O festival de Cans celebrarase este ano entre os días 2 e 5 de setembro, nun formato especial, máis limitado, por mor da situación de risco derivada da pandemia da Covid-19. Porén, pese ter sido un dos festivais máis “sufridos”, en palabras da organizadora Keka Losada, os promotores do certame felicítanse polo éxito na planificación e polo duro traballo realizado até o de agora: manterase a esencia do festival, os coloquios, o concurso e as proxeccións.

O festival será aberto coa proxección do esperado filme de Paula Cons, “A illa das mentiras”, no salón do CRC do Porriño para un público de máximo 120 persoas. Esta realizadora, debutante como cineasta de ficción, subliñou o esforzo realizado xunto cos organizadores do festival para “estar xuntos”. A presentación desta película “profundamente galega” debía ser, naturalmente, en Cans, onde a prometedora cineasta se sinte “moi querida”. Alfonso Pato salientou a calidade da película e do guión, que foi creación da propia diretora. 

O filme foi seleccionado para o Festival de Shangai, unha oportunidade para a cal, segundo Alfonso Pato, presentar en Cans traerá “boa sorte”. Segundo a actriz Victoria Teijeiro, que intepreta a unha das protagonistas da historia, esta é unha película “moi necesaria”, que conta unha historia esquecida que encarnan tres mulleres. O filme, basado en feitos reais, trata o afundimento dun buque fronte as costas de Sálvora nos anos 1920; un accidente no que tres mulleres bravas actuaron para salvar a vida de dúcias de homes.

A presidenta da Asociación Cultural Arela, Keka Losada, falou para dar máis detalles sobre a organización do festival, en relación ás circunstancias especiais que este ano impón a crise sanitaria do coronavirus. Tratarase dun festival máis pequeno, que contará con todas as medidas para garantir a seguridade dos asistentes e dos veciños. A partir do luns 27 estarán á venda as 400 entradas que darán acceso aos eventos do festival: 200 delas en sesión matinal e outras 200 en sesión de tarde. As entradas da sesión matinal serán vendidas, xunto coa camisola do festival, o programa, o acceso aos coloquios e unha chapa exclusiva, en paquetes de 20 euros. Os paquetes das sesións de tarde custarán 25 euros, e amais das entradas ás proxeccións, camisola e chapa, permitirán o acceso ás galas de presentacións e premios. Non haberá polo tanto eventos de acceso libre, como eran noutras ocasións os concertos nocturnos. 

Desta maneira sairá adiante o Festival de Cans 2020, á cal os organizadores e participantes dedicaron un ano máis toda a súa emoción e esforzo. A pesar das difíciles circunstancias impostas polos riscos sanitarios, a organización do festival espera ter un apoio moi grande do público xeral, o cal consideran consicente da complicada situación pola que pasa o sector. 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete