Chega a Tui a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Do 21 de xullo a 7 de agosto no espazo Anexo da Sala Municipal de Exposicións

 

 

Dende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro 7 de agosto.

 

Na exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas” os visitantes poden contemplar primeiro as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Despois, mergullarse no seu interior para coñecer unha trampa de pesca da lamprea e as súas especies acuáticas máis icónicas.

 

En itinerancia por dez municipios transfronteirizos durante o ano de 2020, esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan na súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.

 

Os 75,5 km finais do río Miño están plenos de memorias e lugares marabillosos. Antes de chegar ao mar, o río asume aquí a tarefa de dividir dous países mais une unha cultura. Unha cultura plena de Tesouros Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

 

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta mostra acada en Tui unha singular relevancia, por canto a nosa cidade, xunto con Valença, conforman un espazo transfronteirizo único, pois o río Miño achega aínda mais a dúas cidades unidas polo territorio, pola cultura, pola vida común dos seus cidadáns. Non existen outras dúas cidades na fronteira hispano portuguesa cunha continuidade física como a que posúen Tui e Valença. O proxecto da Eurocidade trata de afondar nesta relación e interdependencia enriquecedora, e símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete