A organización de La Vuelta 20 fai unha nova visita a Mos para supervisar o espazo da saída da etapa número 15

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O equipo de producción e loxística estivo esta mañá na contorna do Pazo de Mos.

 

Hoxe un equipo da organización de La Vuelta Ciclista a España desprazouse ata Mos para continuar cos labores de supervisión previos á proba ciclista. Os membros integrantes dos equipos de produción e loxística, con Pedro Lezaun á cabeza, estiveron na contorna do Pazo de Mos acompañados por representantes do Concello.

Pedro Lezaun declarou tras a visita que “o Pazo de Mos constitúe un lugar moi fermoso para unha saída de La Vuelta e máis aínda tras as obras realizadas na súa contorna, que o convirten nun enclave marabilloso”. Tamén informou dalgúns pequenos cambios de protocolo dada a nova situación actual consistentes en que o ‘village’ de saída irá cuberto e o parking de equipos irá pechado e vallado. Así mesmo, solicitaron o apoio do Concello de cara a reforzar as medidas de seguridade sanitarias ante a COVID-19.

Polo momento non hai ningunha variación respecto ao previsto, tan só puntualizacións moi específicas relativas á loxística do evento, para as cales desde a organización precisan da colaboración do Concello. A crise santitaria do COVID-19 motivou un retraso de La Vuelta Ciclista a España do presente ano 2020, que se celebrará entre o 20 de outubro e o 8 de novembro.

A etapa Mos-Puebla de Sanabria (que agora pasa a ser a etapa 15) terá lugar o xoves 5 de novembro. Esta é unha etapa de media montaña de 229,8 km de percorrido de La Vuelta. Mos é unha das saídas inéditas de La Vuelta 20 e é a etapa máis longa de La Vuelta 20. A etapa mosense ten un padriño de excepción, Óscar Pereiro, embaixador de La Vuelta, gañador do Tour de Francia 2006, e nativo de Mos. Mos é un punto de paso do Camiño de Santiago Portugués, parada previa a Pontevedra, desde Mos márchase cara ao norte, rumbo á Catedral de Santiago, onde remata o camiño do peregrino.