O Concello de Tui convoca un Pleno Extraordinario

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O único punto na orde do día é o asunto relativo ó cambio de localización do Mercado do Xoves

 

 

Considerando a solicitude de pleno extraordinario de concelleiros da Corporación municipal con R.E. nº 2020-E-RC-4064 do 01/07/2020, solicitude motivada na necesidade de tratar o asunto relativo a cambio de localización do Mercado dos Xoves por parte do Goberno Actual.

 

Superadas na CA de Galicia as fases previstas no denominado Plan para a Transición cara a unha nova normalidade (aprobado por acordo de Consello de Ministros do 28 de abril de 2020), e finalizada a última prórroga do estado de alarma. Considerando non obstante que iso non quere dicir que se superou a pandemia, e considerando imprescindible continuar adoptando unha serie de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación, que permitan seguir facendo fronte e controlando o virus mentres perdure a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez terminado o estado do alarma.

 

Considerando que a actual evolución favorable na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á proteción da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado. Di RDL 21/2020.

 

Considerando que dada a situación sanitaria ocasionada polo COVID-19 a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se celebrará a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.

 

Se fai notar que se realizará unha distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.

 

De acordo co disposto no artigo 46.2 a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta Alcaldía RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Convocar sesión extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o martes, día 21 de xullo, ás 09:00 horas, no Salón de Sesións da Casa do Concello e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, a solicitude de concelleiros da Corporación segundo solicitude con R.E. nº 2020-E-RC-4064 do 01/07/2020, e de acordo co disposto no artigo 46.2 a) da Lei 7/1985, coa seguinte ORDE DO DÍA

 

Único.- Cambio de localización do Mercado dos Xoves por parte do Goberno actual.

 

SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

 

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.