Elephants Yard levará a música reggae á Sala Rebullón este xoves

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Na Sala Rebullón desprázanse os concertos de verán para a terraza do Territorio Cultural As Pedriñas, cun espazo mais amplo que o da sala podendo así xuntar un aforo de 200 persoas. O concerto celebrarase este xoves 23 de xullo e a entrada será de balde, se ben o aforo estará controlado.

 

Elephants Yard fórmanse en 2015 como banda de estudio co obxectivo de crear temas propios e preparar un amplo repertorio de clásicos da música reggae. Foi Javier Vicalo (baixo) quen reuniu ao colectivo arredor do estudo The Dub Yard, frecuentado pola escena reggae local para compoñer e gravar. Victor “Sutta” (voz, guitarra) foi un dos de cotío, como tamén Mr. Mou (batería) e High Paw (voz, guitarra), Predro Fariñas (Saxo), Héctor Sartal (Trombón), Rui Almeida (Batería e percusión) ou Gonza (Teclados).

Xuntos desenvolven pegada dabondo para facer de backing band de Vivian Jones na edición de 2016 do festival Minho Reggae (Goián), participar tamén noutros festivais como o Verdoejo (Valença), Milflores (Santiago de Compostela), Taíña (Goián) e tocar en salas de Galiza e Portugal.