Luz do Camiño Portugués: peregrinos homenaxean ás vítimas da COVID-19

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A mochila da luz chegou o venres ao Pazo de Mos, portada por Milucha, e foi recibida polas autoridades locais. Saíra o día 10 de xullo de Porto coa bendición da mochila na catedral.

 

Desde Conchas do Camiño: Susy de Pontevedra, Ana de Toledo, Oihana de Irlanda e Guillerme de Lisboa, animad@s pola iniciativa xurdida no Camiño Francés, co proxecto «A Luz do Camiño», puxeron en marcha unha iniciativa “a mochila da luz”.

Trátase de facer o Camiño Portugués levando unha mochila entre tod@s. Saíron de Porto o día 11 de xullo e continúan camiñando ata Santiago de Compostela. Portan unha mochila, dentro da cal levan unha luz acesa durante todo o Camiño. Cada peregrin@ que o desexa, pode levar a mochila un tramo de cada etapa ata a entrada en Santiago de Compostela.

O obxectivo é que a mochila coa Luz do Camiño Portugués non pare ata Santiago. Esperan chegar a Santiago o día 24 de xullo, xunto coa mochila que partiu o 19 de xuño desde Roncesvalles, no Camiño Francés, para pasar alí o día da conmemoración do Apóstolo. A idea é que ambas mochilas (a do camiño portugues e a do camiño francés) cheguen á Praza do Obradoiro coa súa luz acesa.

A Vieira que transportan na mochila de «A Luz do Camiño Portugués» foi pintada por Julia, unha pequena gran artista galega de 7 anos. Esta concha nace como unha homenaxe ás vítimas do Covid 19, a todas as persoas falecidas durante o confinamiento por outras causas, que non puideron ser despedidas polos seus familiares, aos enfermos e a tod@s l@s profesionais de todos os ámbitos, que nos coidaron e axudado co seu traballo ou de forma altruísta.

Todas as persoas maiores, as grandes vítimas desta pandemia, foron ao principio nen@s, por iso esta iniciativa pretende, a través de Julia, tenderlles unha man que sirva como recordo cara a eles e de esperanza ante o que nos depara o futuro

Podedes seguir o camiño da mochila en instagram @conchasdelcamino y Facebook: Conchas del Camino.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete