Música e cinema na primeira semana da programación “Volvemos á rúa”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xa se poden reservar as entradas en www.enterticket.es de forma gratuíta

Con tres eventos esta semana comeza a programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui

 

 

 O mércores, ás 21 h, na Praza de San Fernando ofrecerá o seu primeiro concerto deste verán a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez. A banda tudense afunde as súas raíces a finais do século XIX e mantén unha actividade estable dende os anos 80. Este mércores ofrecerá o primeiro dos catro concertos que brindará nesta programación. O aforo está limitado a 100 persoas.

 

O xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira será a quenda de Píscore baixo a dirección de Fran Rei. Música, humor, ritmo e comedia xestual son os elementos de “Concerto Singular”, un espectáculo no que Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas dan vida a catro prestixiosos solistas, que son convocados para dar un único concerto. Ao seu dispor teñen 16 baquetas e unha soa marimba, que farán soar dun xeito orixinal e abraiante.

 

Xa o venres, ás 22.30 h, no Paseo Fluvial terá lugar a primeira das proxeccións de cinema ao aire libre. Será “Súper López” dirixida por Javier Ruiz Caldera e interpretada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López, Maribel Verdú, Pedro Casablanc, entre outros. O protagonista, Juan López, chegou á Terra dende o planeta Chitón. Non é sinxelo non destacar cando se pode voar, ler a mente, ter supervisión… Porén Juan non precisa máis que un cruasán no almorzo para ser feliz, pero a aparición de Luisa, un antigo amor, pode facer cambiar as cousas.

 

Para o concerto da Banda de Música Popular de Tui e o espectáculo de Píscore o aforo está limitado a 100 persoas, e para o cinema a 300 espectadores. As entradas poden reservarse xa en www.enterticket.es de forma gratuíta.

 

Amais, esta fin de semana comezan os pasarrúas dos grupos folclóricos, de gaitas, de pandereteiras… Así o sábado dende ás 21 h actuará polas rúas de Tui o grupo folclórico Seixos Albos de Areas, e o domingo, á mesma hora, o grupo folclórico “Refaixos e Polainas” de Baldráns.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete