Xornada electoral no Porriño con deficiencias na Accesibilidad a persoas con mobilidade reducida.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xornada electoral no Porriño con deficiencias na Accesibilidad a persoas con mobilidade reducida.

Pavillón e persoal sen formación, con barreiras arquitectónicas en obras antergas e de nova creación.

Juan Luís Vives (1492-1540), a primeira persoa en Europa en levar a práctica un “servizo organizado de asistencia social”, precursor da organización futura dos servizos sociais na Europa, e precursor da intervención do estado, organizada e asistencial aos necesitados. No Porriño, este tipo de actuacións séculos despois inda non están asentadas as ideas deste home, que propuña unha rigorosa xestión dos bens públicos, a economía nos gastos municipais proporcionaría recursos para a asistencia, sentando os fundamentos do que sería a política social dos estados coa súa publicación no ano 1526.

Este tipo de intervención finou no século XX co estado de benestar, cun gran avance no marco xurídico na constitución de 1978 convertendo aos servicios sociais no sector equiparable a Sanidade, Educación, emprego, seguridade social, etc. Abriu un campo de desenrolo normativo diversificado e preciso, onde os estatutos de autonomía teñen referencia aos servizos sociais, así coma a lei de bases de Réxime local de 1985 con referencia os municipios e os servizos sociais.

O dereito a igualdade é unha condición previa fundamental da democracia. O real decreto lexislativo 1/2013 do 29 de novembro polo que se aproba o texto refundido da lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social establece a esixibilidade das condicións básicas de accesibilidade e non discriminación fixando a data do 4 de decembro do 2017 como límite para que tódolos espazos e edificacións existentes cumpran a lei.

No Porriño a pesar do anteriormente descrito e superar dabondo a data do 4 de decembro do 2017, na xornada electoral de hoxe as persoas con mobilidade reducida que tiña que exercer o seu dereito a voto no CEIP Xosé Fernandez López, atopáronse, cun corte sin sinalizar nun sentido da rúa (sinalizado en plena rúa na entrada), o aparcamento diante da escola ou nas prazas das piscinas probocaba, cunha obra inda en execución, coma é a beirarrua da entrada do pavillón municipal a saida peonil ten un escalón de mais de 20 cm, o que obriga a baixar da beirarrúa, de outros 25 cm, sen rampla para sair polo garaxe.

O agardar a quenda para exercer a votación, 200 metros antes da entrada no pavillón do CEIP Xosé Fernández López atopa que as persoas con mobilidade reducida e as de mais de 65 anos poden acceder sen agardar. A entrada é atendida por unha persoa de idade avanzada, que esquece por o xel a unha de cada 3 persoas, e esqueze a distancia social, chegando incluso a tocar as persoas en cadeira de rodas.

Unha vez exercido o voto, as persoas das mesas electorais indican a saída do pavillón polo lateral, saída que ten outro escalón de mais de 20 centimetros.

Unha vez denunciada estas “VULNERACIONS DOS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE” ante numerosos axentes da policía local,  toda a xornada seguiu a desenrolarse igoal, onde están no Porriño as concellerias de Vías e obras, Urbanismo e Servizos sociais???, ignoran o Real Decreto 1/2013 do 29 de novembro, a lei de accesibilidade e as colaboracións dende O Concello e a entidade COGAMI para asesoramento.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete