XUNTA e Federación levan a Vigo os campionatos Galegos de Tenis

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os campionatos galegos de tenis absoluto en cadeira de Rodas , Benxamin e cadete celebraranse en Vigo do 17 o 26 de xullo

 

 

 

Lete Lasa destaca a Lourdes Domínguez, Martín de la Puente e Jessica Bouzas como “pasado, presente e futuro” do tenis galego e que representan os 4.000 tenistas galegos federados

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe na Casa do Deporte de Vigo os cinco campionatos galegos de tenis que terán lugar na cidade olívica do 17 ao 26 de xullo. Estes campionatos serán o LXXXI Campionato Galego Absoluto XI Memorial Antonio Santorio, o Campionato Gelego de Tenis en Cadeira de Rodas, o Campionato Galego Benxamín, o Campionato Galego Alevín e o Campionato Galego Cadete que se disputarán no Mercantil de Vigo (categorías Absoluta, tenis en cadeira de rodas, Cadete e Benxamín), no Real Club Náutico de Vigo (categoría Alevín) e no Club de Campo de Vigo.

 

Na súa intervención o secretario xeral lembrou a carreira deportiva de Lourdes Domínguez como “a mellor raqueta que ten dado o tenis galego” e recordou a súa vitoria no Roland Garros Júnior de 1999. Aquela xesta foi a primeira vez que unha tenista española acadaba un Grand Slam Júnior e a última vez que unha galega competía nun torneo desta envergadura, ata que Jessica Bouzas conseguiu disputar o US Open Júnior en 2019, 20 anos despois. Tamén referiuse o mandatario galego a Marín de la Puente, un dos mellores deportistas galegos con catro másters nacionais de tenis en cadeira de rodas, tres mundiais júnior e un récord de precocidade nos Xogos de Río 2016.

 

Lete Lasa salientou estas tres iconas do deporte galego como “pasado, presente e futuro” e que ademais representan aos tres vértices do deporte,“a base, o alto nivel e a diversidade”. Deste xeito, Domínguez, Bouzas e De la Puente representan aos “4.000 tenistas galegos federados, sendo Galicia a quinta comunidade por número de licenzas e de clubs, e todos eles terán os seus campionatos do 17 ao 26 de xullo en Vigo”.

 

O secretario xeral amosou o seu convencemento de que “o nivel dos tenistas galegos e galegas deixará o pavillón do noso tenis moi alto e que presenciaremos partidos de gran calidade”. Ademais tamén confiou en que “os deportistas saberán comportarse  exemplarmente dentro e fóra das pistas para que todos xuntos, poidamos conseguir unha vitoria moito máis importante, a de frear á pandemia provocada pola  Covid-19”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete