A Axencia de Colocación de Mos ofrece un taller para empresarios sobre como posicionar o seu negocio en Internet

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O obxectivo é instruílos nos beneficios do posicionamento en Internet e que lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e implementación do seu negocio, dados os momentos actuais de crise económica derivada do COVID-19.

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos organiza un taller teórico práctico para as persoas e/ou empresas que desexen reinventarse para superar a crise. Trátase dun taller presencial para emprendedores e empresarios que queiran aprender a levar o seu negocio a Internet, optimizalo e buscar solucións a esta crise derivada do COVID-19. 

Impartirase o 13 de xullo nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos en horario de 09.00 horas a 13.00 horas e os interesados en asistir (totalmente de balde) poden aínda inscribirse na Axencia. Os participantes poderán neste curso coñecer todos os trucos e pasos obrigatorios para que a presenza na Internet lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e posicionamento do seu negocio. 

O taller correrá a cargo da ponente Iria Álvarez, Directora do Club de Marketing Global, Consultora de Marketing Dixital e Comunicación Audiovisual. Para o taller de Mos ten preparados unha serie de contidos para que os asistentes ao mesmo poidan aprender todo o necesario sobre análise do seu cliente ideal, análise do seu produto, ferramentas gratuítas para buscar tendencias e novos nichos de mercado, web e plataformas de venda online, Redes Sociais, estratexia de contido para o seu negocio e automatización de procesos de venda con Bot's; así como Email Marketing.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete