O Parlamento Europeo admite unha petición dos comuneiros de Tameiga contra o macroproxecto do Celta en Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Comunidade de Montes Veciñais de Tameiga remitiu á Comisión de peticións do Parlamento Europeo unha solicitude de paralización da modificación do PXOM de Mos. Tal modificación fora proposta pola alcaldesa Nidia Arévalo co obxectivo de dar cabemento legal ao macroproxecto do R. C. de Vigo no concello, e xa recebiu tres informes desfavorábeis do Goberno central e da Deputación provincial.

 

A petición detalla que a modificación do PXOM supón a recalificación de chan rústico de protección forestal como urbanizábel, o cal supón unha alteración do uso tradicional deses terreos e un agravio pola prioridade que se lle dá "aos intereses privados" do clube fronte á protección do dito valor forestal. O macroproxecto empresarial que queren impulsar o Celta e o Concello de Mos ven sendo, dende o seu nacemento, obxecto de rexeitamento por todos os partidos da oposición, grande parte da veciñanza e outros poderes públicos.

Desta vez, será o Europarlamento, xunto coa Comisión Europea, quen se pronuncien sobre este asunto. A presidenta da Comisión de peticións da cámara europea e exministra do PP, Dolors Montserrat, ven de comunicar a admisión a trámite da petición e solicitou á Comisión Europea que realice unha investigación preliminar sobre o asunto.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete