Desestimado o recurso dun profesor de música vigués que exixía usar o español en escritos do traballo docente

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A sentenza, redactada en español, estima que non cabe recurso contencioso-administrativo contra unha Resolución da Xunta en resposta ao profesor na que se lle lembraban as disposicións en vigor sobre o emprego do galego no ensino. Tamén foi interposto un recurso indirecto contra tales disposicións, nomeadamente, o artigo 3 do Decreto 79/2010. O xuíz lembra que tal artigo xa fora xulgado legal polo TXSG en 2012.

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo rexeitou a demanda interposta por un profesor do Conservatorio Profesional de Música da cidade contra a resposta que lle dera a Consellería de Educación sobre a necesidade de empregar de maneira xeral o idioma galego en calquera escrito relativo ao seu desempeño profesional no centro, dependente da Xunta. O recorrente solicitaba á Administración autonómica que lle recoñecese explícitamente “o dereito para utilizar indistintamente o castelán ou o galego na redacción de todo tipo de documentos relacionados co exercicio da función docente”. 

O xuíz destaca na sentenza que as contestacións ás consultas que se efectúen á Administración “teñen carácter de mera información e non xeran acto administrativo recurrible de ningún tipo”, polo que a demanda foi rexeitada. “A resposta a consultas que se formulen ante a Administración, salvo que expresamente se lles outorgue carácter vinculante ou decisorio, non resultan impugnables, nin en vía administrativa, nin ante a xurisdición”, insiste o maxistrado na resolución, na que lembra que as solicitudes de información requiridas polo demandante á Xunta foron “puntualmente respondidas, tanto verbalmente como por escrito”.

A sentenza lembra tamén que a lexislación impón aos poderes públicos o deber de impulsar a normalización do emprego do galego en todos os ámbitos da vida social e que as normas en vigor que atinguen a esta materia non supoñen unha discriminación efectiva. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, da mesma maneira que unha sentenza do TSXG do 2012, validan neste sentido o rexeitamento do recurso indirecto do demandante contra o artigo 3 do Decreto 79/2010, que fudamenta a Resolución da Consellería.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete