8 Xullo pleno extraordinario no Concello do Porriño ás 12:00.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

8 Xullo pleno extraordinario no Concello do Porriño ás 12:00.

Comisión municipal de economía dictaminouse en contra da proposta do partido popular de revisar de oficio a facturación pendende do concello do Porriño.

O Partido Popular propondrá no pleno municipal extraordinario que terá lugar mañá mércores, ás 12 horas, a revisión de oficio das facturas de 25 empresas, prestadoras de servizos ou de suministros ao Concello do Porriño. Entre elas figuran “Naturgy”; “Eulen”, “Nexia”, “Ascan” “Fluge”, “Aceesca Emprego”, “Gonzalez Couceiro” ou “Narom”, entre outras.

O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo anunciou que manteran esa solicitude de revisión de oficio a pesar do dictame en contra que resultou hoxe da Comisión Municipal de Economía e Facenda. Cada caso de cada unha das 25 empresas é un punto da orde do día solicitado polo PP que ademais require por cadaun deles, un expediente de responsabilidade patrimonial aos ordenadores de cada gasto.  

No nome do goberno municipal, Lourdes Moure acusou ao PP de “pretender asfixiar económicamente ao Concello, penalizando ás empresas e proveedores cun trámite que suporía unha demora de máis anos”. A concelleira de Economía expusou que “son facturas xustificadas, en moitos casos de prestación de servizos de obligado cumprimento por lei, con partida orzamentaria e informes técnicos que acreditan que se prestaron”. Moure Varela lembroulle ao PP que o goberno municipal aportoulles os informes favorables tanto do secretario como da interventora do Concello para que se aboen as facturas desas 25 empresas. 

Na votación celebrada hoxe na Comisión Municipal de Economía, os 4 votos do PP a favor da revisión de oficio, empataron cos 4 votos en contra de PSOE, BNG e UDDL, pola abstención do concelleiro e voceiro de EU SON, Pedro Ocampo. Polo que tivo que decidir o voto de calidade de Pedro Pereira, como alcalde accidental.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete