Cortes de tráfico en Porriño polas probas da ABAU

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A policía local  fara cortes esporádicos de tráfico nos accesos ao polideportivo para garantir a seguridade e as distancias dos máis de 200 alumnos que farán as probas da “ABAU”

 

 

Dende as 8,30 horas da mañá, a Policía Local realizará cortes de tráfico esporádicos na rúa Doantes de Sangue, no acceso principal ao Polideportivo Municipal coa ocasión das probas da ABAU. Trata dunha medida que se repetirá nos momentos de maior afluencia e confluencia de estudantes durante os tres días de duración dos exames, a fin de garantir que se cumpran as distancias de seguridade.

Máis de 200 alumnos accederán aos dous pavillóns onde se celebrarán a partir de mañá martes e ata o xoves 9, as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU). Son alumnos de cinco centros de Porriño e Mos.

Os preparativos para que as pistas dos dous pavillóns do Polideportivo  acollan as probas remataban hoxe. O emprego dos dous recintos fora solicitado pola Universidade de Vigo ao Concello para garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19”, explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Seguridade que levou as conversas coa UVI.

De tal xeito que no Pavillón nº 1 realizarán as probas da ABAU os alumnos dos Institutos de Ensino Secundario de Porriño, “Ribeira do Louro” e “Pino Manso”. E no Pavillón 2 farán os seus exames os alumnos do IES de Mos e dos colexios “Lar” e “Los Sauces”.

Os pupitres e cadeiras coma o material a empregar para a realización dos exames e os espazos a ocupar, serán obxeto dun protocolo diario de desinfección e limpeza.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete