Tui vixiará o cumprimento das medidas de seguridade da Covid

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade individual no cumprimento das normas sanitarias ante a COVID-19

A Policía Local realizará unha estrita vixilancia do uso da máscara, distancia de seguridade e outras medidas establecidas

 

O Concello de Tui fai un chamamento á veciñanza a respectar as medidas de seguridade establecidas ante a pandemia da COVID-19. Lembran así a obrigatoriedade do uso da máscara e de manter a distancia de seguridade.

Dende o Concello o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinala que “é fundamental que se cumpra a normativa sanitaria” polo que fai un “chamamento á responsabilidade individual e tamén colectiva”.

A Policía Local realizará unha estrita vixilancia do cumprimento das normas por parte da veciñanza, sobre todo no uso de instalacións públicas coma parques infantís e zonas comúns. Explicaba o rexedor que no caso de rexistrarse un uso indebido estas instalacións poderían volver pecharse. Por outra parte indicaba que tamén se vixiará o cumprimento das normas nas terrazas tanto no referido á distancia entre mesas, coma ao número de mesas e cadeiras.

Enrique Cabaleiro indicaba que naqueles lugares públicos susceptibles de aglomeracións de persoas “se vai vixiar que se está cumprindo coa normativa”. Sobre todo farase especial fincapé dicía “no uso da mascarilla porque unha parte da poboación non a esta usando”. Indicaba que este control se vai intensificar porque amais “temos unha recomendación das autoridades sanitarias e do propio Ministerio de Interior de que se reforcen as medidas de seguridade neste senso”.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete