O Concello de Salceda homenaxeará o traballo de Protección Civil no Estourazo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda nesta edición especial marcada pola pandemia do coronavirus.

 

A cita será o vindeiro sábado 18 de xullo ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os voluntarios e voluntarias de Protección Civil serán os encargados de disparar o xa tradicional “estourazo”, que este ano chega á súa decimoprimeira edición.

A Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil foi elexida polo Equipo de Goberno en recoñecemento á súa laboura desinteresada ao longo de tantos anos en eventos e emerxencias de Salceda e arredores, pero sobre todo polo inmenso traballo que a agrupación realizou durante o estado de alarma, fundamentalmente no momento do confinamento máis estricto, con innumerables horas de traballo adicadas ao servizo público durante todo o ano, pero especialmente nestes momentos. Protección Civil realizou, entre outras, tarefas de apoio ás persoas máis vulnerables ou tarefas de limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público. Ademais aproveitaban as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas, con multitude de solicitudes da veciñanza para que felicitasen aos nenos e nenas que cumpriron anos durante o confinamento. Compra de mediciñas para as persoas de risco, compra de alimentos ou entrega de deberes e material escolar son só algúns dos exemplos das tarefas realizadas polo colectivo nestes últimos meses, aos que hai que engadirlles as accións que seguen realizando durante todo o ano, como retirada de árbores caídas, asistencia en accidentes, apoio en eventos, etc

O Estourazo, que este ano celebra a súa decimoprimeira edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc., e aínda que este sexa un ano especial no que non se celebrarán as tradicionais verbenas na Praza do Concello, si que se manterá parte da actividade cultural das festas, como o mencionado estourazo, que de novo estará acompañado, como ven sendo tradición, pola Agrupación Gaiteira de Salceda.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “a homenaxe deste ano era obrigada para o grupo de Protección Civil. O traballo voluntario deste grupo de persoas resultou fundamental durante a época máis dura do confinamento, e segue a ser imprescindible hoxe en día. Nunhas festas especiais e diferentes como as de este ano, queremos agradecer este inmenso traballo, co convencemento de que a veciñanza se unirá a esta máis que merecida homenaxe”

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete