Incrementanse un 19% as licenzas urbanísticas a pesar da crise sanitaria do COVID-19

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Duplícanse os permisos de primeira ocupación e as licenzas de obra maior crecen un 19% respecto do primeiro semestre do ano pasado.

 

A pesar da crise sanitaria do COVID-19 os datos de licenzas de urbanismo do primeiro semestre do 2020 en Mos incrementáronse significativamente comparándoos cos datos do primeiro semestre de 2019. A pesar da pandemia e de que se celebraron moitas menos Xuntas de Gobeno Local polo estado de alarma, o crecemento foi moi positivo tal como informan dende o Concello.

As licenzas de obra maior creceron en Mos de xaneiro a xuño de 2020 un 19% respecto do mismo período do ano anterior. De xaneiro a xuño de 2019 concedéronse 55 licenzas de obra maior, fronte ás 65 deste ano. Entre elas, as que máis se incrementaron, nun 675%, foron as de acondicionamento de parcela e canalizacións pasando de 4 a 31; e as de nave industrial nun 180%, pasando de 5 a 14.

A implantación do PXOM mosense, o crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, e o potencial como Concello Emprendedor Doing Business Galicia, fan que Mos leve experimentando nos tres últimos anos un aumento das licenzas urbanísticas concedidas. Sen embargo, os datos da primeira parte do presente ano 2020 (de xaneiro a xuño) son significativamente positivos tendo en conta a crise sanitaria.

No período de xaneiro a xuño deste ano 2020 incrementouse nun 10% o total de licenzas e comunicacións previas concedidas respecto das do mesmo período de 2019. De xaneiro a xuño de 2019 concedéronse un total de 214 licenzas fronte ás 235 deste ano (21 máis). A maioría das licenzas concedidas de xaneiro a xuño de 2020 foron de comunicación previa de obra menor, un total de 83. 

Sen embargo, o tipo de licenzas que experimentou un maior crecemento foi o de primeira ocupación, duplicándose o número de licenzas concedidas. Seguidas das de obra maior, que como xa se dixo antes, experimentaron un incremento do 19%. Destes datos conclúese que, como xa se ven demostrando en anos anteriores, a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir. 

Por outra banda as licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable concedidas en Mos de xaneiro a xuño de 2020 foron 78, fronte ás 67 do mesmo período do ano anterior (un crecemento do 17%). E o número total de asuntos de Xunta de Goberno Local de Urbanismo e Medio Ambiente incrementouse respecto do mesmo período do ano pasado un 7%, pasando de 290 a 310 asuntos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete