Rehabilitación interior do antigo edificio do Concello de Salvaterra de Miño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño ven de asinar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para cofinanciar as obras de rehabilitación interior do antigo edificio do Concello, onde se ubicará a nova Biblioteca Municipal

 

A conselleira Ángeles Vázquez e a rexedora municipal Marta Valcárcel asinaron esta mañá un convenio para cofinanciar as obras, cun custo estimado en máis de 340.000 euros que asumirán a Xunta nun 70% e o Goberno local no 30%

 

 

A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) colaborarán técnica e economicamente na rehabilitación interior da antiga casa consistorial, ubicada no Recinto Amurallado,  para convertela na nova biblioteca pública municipal. Así o acordaron esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora municipal, Marta Valcárcel, coa sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal ambas partes se comprometen a cofinanciar as obras necesarias para rehabilitar o inmoble e destinalo a novos usos públicos.

 

Os traballos terán un custo total estimado de 342.478,99 euros, dos cales a Xunta comprométese a achegar o 70% e o Concello de Salvaterra, o 30% restante, que se financiará con fondos propios e a través do Plan Concellos.  O convenio, de carácter plurianual, permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2021, de xeito que ambas partes farán efectivas as súas achegas este ano e o vindeiro.

 

A rehabilitación interior do antigo edificio do Concello de Salvaterra permitirá completar e continuar os traballos contratados o ano pasado polo Goberno municipal para acondicionar externamente o inmoble que consistiron no cambio de tellado, fiestras e portas exteriores.

 

Unha obra esencial para o equipo de goberno que busca mellorar as instalación e a oferta para os seus estudantes, non nos podemos esquecer que Salvaterra de Miño é un dos poucos Concellos que medra. En palabras da Alcaldesa  esta é unha obra esencial dentro do seu programa de traballo nestes catro anos, xa que é esencial mellorar a oferta e incrementala, os nosos servicios teñen que evolucionar en paralelo ao crecemento do propio Concello.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete