O Concello de Tui vén de adxudicar a primeira fase da humanización da rúa Colón

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O proxecto conta cun orzamento de 314 mil euros financiado co Plan Concellos 2018

 

O Goberno Municipal do Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a execución da primeira fase de humanización da rúa Colón, por un importe de 314.000 euros. É un dos proxectos do Plan Concellos da Deputación do ano 2018. As obras contemplarán o ensanchamento de beirarrúas, pavimentado, colocación de mobiliario urbano e zonas verdes.

O Goberno Municipal ten xa licitado o 90% das actuacións previstas no Plan Concellos dos anos 2018 e 2019, que quedaran pendentes do anterior goberno municipal. Previamente o actual equipo de goberno tivo que licitar e executar a metade do Plan Concellos do ano 2017. Por outra parte en breve presentarase o Plan Concellos do ano 2020.

Actualmente están en execución xa as primeiras obras financiadas con cargo ao Plan Concellos 2018 e 2019. É o caso da remodelación das pistas deportivas de Areas co obxectivo de ampliar a superficie de xogo e mellorar o revestimento deportivo, renovar os peches de malla e pintar os campos de xogos.

Tamén se está levando a cabo o cambio de tellado da nave de maquinaria de Guillarei, onde está prevista tamén a remodelación dos vestiarios do persoal laboral, cara a mellorar as condicións laborais dos mesmos.

Por outra parte en breve darán comezo as obras de acondicionamento do parque do CEIP de Rebordáns, a elaboración da cartografía SIG, Ortofoto dixital e rede topográfica do concello de Tui, a pavimentación ao núcleo da Malladoura en Baldráns e en Areas. Tamén en breve iniciarase a subsanación de deficiencias no Centro Municipal de Remo, o saneamento das vivendas do antigo cuartel de Caldelas, a reparación da pista polideportiva do novo pavillón municipal de Tui e dos vestiarios do pavillón vello, así coma a reparación de módulos do cemiterio municipal.

Mentres están pendentes de licitar as obras de acondicionamento dos parques das Bornetas, Areas e Guillarei.

Está xa rematada a renovación e dixitalización dos equipos da radio municipal financiada ao abeiro do Plan Concellos.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete