Convocada folga para o día 8 na planta de Copo Ibérica en Mos contra os abusos e tratos vexatorios

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os traballadores da planta de Copo Ibérica en Mos acordaron por maioría celebrar unha xornada de folga para protestar contra as condicións de extrema exixencia física na que se encontran, así como contra tratos vexatorios e graves chantaxes. Este tipo de situacións, nas que as novas condicións de garantía de seguridade contra a pandemia contribúe  a agravar, pola contra, as condicións de saúde dos traballadores, semella ser cada vez máis común por todo o país.

A asemblea de traballadoras e traballadores de Copo Ibérica en Mos aprobou, cunha maioría de 108 votos a favor, 26 en contra e 4 en branco, a convocatoria da folga. Segundo o sindicato CUT, o aumento da carga metabólica que produce o uso da máscara e da pantalla facial unido a estes altísimos ritmos de traballo xera un esgotamento físico extremo, incluidos trastornos musculoesqueléticos que condicionan a calidade de vida dos traballadores dentro e fóra do centro. Denuncian asemade a redución de tempos nas operacións, que provoca ritmos de traballo irrealizables, superiores aos de antes da pandemia.

Exixen tamén a fin do trato vexatorio co persoal eventual, que non coñece nin a data de finalización do seu contrato e ten que ter unha dispoñibilidade absoluta, vivindo pendentes do móbil e facendo imposible unha conciliación real ou simplemente unha vida social normal. Denuncian chantaxes aos traballadores para que asinen os ERTE baixo presións de sancións económicas, sen ningún tipo de compensación.

Con esta convocatoria, os traballadores queren chamar aos administradores da empresa ao consenso. A xornada de folga do 8 de xullo estará acompañada dunha manifestación ás 11 horas con saída dende a sede da empresa, en Mos.

O propio Grupo Copo foi obxecto de denuncias por parte dos sindicatos en ocasións anteriores en relación á seguridade da plantilla. Infelizmente, o pasado mes de xuño, unha traballadora da planta do Porriño faleceu polas feridas causadas nun accidente laboral.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete