Abertos os prazos de inscripción para cursos formativos e de lecer no Pazo de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Consisten en obradoiros de alfabetización dixital, costura e patronaxe, e lectura para crianzas.

 

O obradoiro de lectura ten por obxectivo fomentar o hábito da mesma entre os máis pequenos. Cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria necesarias, as crianzas mosenses cooperarán para crear historias, e practicarán a escritura creativa e ténicas de declamación. Está destinado a nenos e nenas de sete anos ou máis, e celebraráse os martes, de 16:00h a 17:00h e de 17:30h a 18:30h. O prezo do mes é de 16 euros.

O curso de patronaxe impartirase os luns ou mércores de 16:00h a 17:30h. Ten un aforo limitado de 9 persoas.

Por último, convócase unha serie de obradoiros de alfabetización dixital, que se propón contribuir a reducir a fenda neste ámbito que tan patente se ven facendo dende o inicio da crise sanitaria. A primeira semana, nos días 6, 8 e 10 de xullo, celebraráse o primeiro obradoiro sobre identificacións e certificados persoais para os trámites coa administración. Completar esta sesión é un requisito para poder participar nas vindeiras leccións, que incluirán semanalmente os temas da seguridade na rede, a solicitude de citas médicas e outros trámites como a declaración da renda, itv e a cita do DNI.

Para máis información e para a inscripción nos cursos, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 639300974.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete