O Concello de Mos beneficiarase dun investimento de case 700.000 euros en obras de saneamento

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As novas instalacións darán servizo a preto de 500 veciños e veciñas das parroquias mosenses de Pereiras, Louredo, Guizán e Cela. 

 

O Concello de Mos beneficiarase próximamente de varias obras de instalación para completar a rede de saneamento municipal. Augas de Galicia executará na parroquia de Pereiras varios colectores que permitan completar o saneamento no núcleo parroquial e, con cargo á liña 1 de subvencións do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, financiarase a rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela. Estas obras suman un orzamento total que se aproxima aos 700.000 euros. 

O Concello de Mos informou hoxe destas próximas obras que darán servizo de saneamento a preto de 500 veciños e veciñas de 4 parroquias mosenses e mellorarán a seguridade viaria en 7 viais municipais, que tamén serán asfaltados tras o remate dos traballos de acometida da rede de saneamento. 

A obra de saneamento prevista en Pereiras que acometerá Augas de Galicia conta cun orzamento de 430.026,10 euros e consistirá na execución de varios colectores que permitan completar o saneamento ao núcleo de Pereiras. A actuación dividirase en dúas zonas: Rede Norte e Rede Sur. Por outra banda, coa concesión da subvención do Plan Concellos 2020, a administración local mosense acometerá o proxecto de ampliación da rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela que ten un orzamento de 249.688,42 euros. Na parroquia de Louredo os colectores proxectados na instalación do saneamento acometeranse nas zonas da Estrada Peinador-Os Valos e a Estrada Alto de Barreiro Santiaguiño. En Guizán no Camiño do Crasto e no Camiño da Ponte. E en Cela no Camiño do Monte de Pardellas.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete