COGAMI avoga por unha nova normalidade máis accesible, sen invasión de espazos públicos.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

COGAMI avoga por unha nova normalidade máis accesible, sen invasión de espazos públicos.

As medidas de seguridade tomadas na desescalada están a provocar problemas de mobilidade en espazos públicos, ocasionados por longas ringleiras de acceso a establecementos, a separación entre mesas das terrazas e a distancia de seguridade entre persoas, entre outras.

Anxo Queiruga “os espazos públicos deben ser lugares de convivencia para todas as persoas en igualdade de condicións”.

COGAMI dedica o mes de xullo á accesibilidade universal durante a campaña 12 Chaves da Inclusión, lanzada este ano polo 30 Aniversario da Organización.

Segundo nos imos adaptando á nova realidade ocasionada polo COVID-19, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) faise unha chamada de atención á cidadanía para que se respecten os espazos públicos, de maneira que as persoas con mobilidade reducida e as maiores poidan desprazarse sen impedimentos.

Con esta nova normalidade, os espazos públicos están a ser ocupados frecuentemente por ringleiras de persoas que agardan o acceso a establecementos e polas terrazas que agora se estenden máis nas beirarrúas para manter as distancias de seguridade. Se a isto se lle engade a necesidade de cumprir coas distancias entre as persoas, en palabras do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, “existe o perigo de que non se respecten os espazos nin as distancias nas beirarrúas para unha mobilidade autónoma, cómoda e segura entre as persoas con mobilidade reducida e/ou as persoas maiores”.

Dende COGAMI, en colaboración con outras entidades españolas representantes da discapacidade, analizáronse as principais barreiras que poden atopar as persoas durante o plan de transición. A normativa de accesibilidade vixente recolle que debe de haber 1,80 metros de separación entre as terrazas e os espazos peonís, unha distancia non sempre respectada ao ampliar a distancia entre as mesas.

Outra chamada de atención de COGAMI está relacionada coas medidas de prevención adoptadas que, ao ser obrigatorias, deben cumprir coas normas de accesibilidade en igualdade para todas as persoas, como a colocación de dispensadores de hixienización e a súa localización, a dispoñibilidade de colectores sen pedal para a eliminación de residuos e o uso de máscaras.

A situación de confinamento de moitas persoas con mobilidade reducida xa se daba dende antes da pandemia, ao igual que a existencia de barreiras no tránsito polas rúas. Dende o movemento asociativo reivindícase a necesidade de reformar a Lei de Propiedade Horizontal e que as administracións fagan seguimento do cumprimento da norma de todas as actuacións urbanísticas que se realicen. En Galicia foi aprobada por unanimidade dos grupos parlamentarios a Lei de Accesibilidade en 2014, cun prazo de 24 meses para a redacción e aprobación dun decreto que, a día de hoxe, non foi aprobado aínda sendo vital para o desenvolvemento da lei. En palabras de Anxo Queiruga “os espazos públicos deben ser lugares de convivencia para todas as persoas en igualdade de condicións”.

Outras das medidas que propón COGAMI son a realización de estudos previos de accesibilidade en obras ou proxectos de infraestruturas; a elaboración e aprobación dun plan integral de accesibilidade autonómico cunha Comisión Técnica de Accesibilidade como organismo de seguimento da aplicación da lei e que conte coa participación de entidades do movemento asociativo da discapacidade; a necesidade de que as vivendas de protección oficial públicas sexan accesibles e cunha porcentaxe de reserva a persoas con problemas de mobilidade e tamén a mellora da sinalización de edificios públicos para facilitar a orientación e comprensión a todas as persoas, entre outras.

Podes descargar aquí a guía de accesibilidade

Campaña 12 Chaves da Inclusión: accesibilidade universal

COGAMI continúa coa campaña 12 Chaves da Inclusión na que fala de dereitos e que neste mes de xullo dedica á Accesibilidade Universal, a necesidade de crear espazos e contornas utilizables por todas as persoas.

Co fin de conmemorar os trinta anos de traxectoria, a través das 12 Chaves da Inclusión COGAMI quere sensibilizar sobre os dereitos básicos e fundamentais de todas as persoas coa difusión de 12 pezas audiovisuais que se difunden en redes sociais co hashtag #30AniversarioCOGAMI. Cada peza refírese a un dereito: a primeira delas foi a educación inclusiva; febreiro centrouse na autonomía persoal; marzo nos dereitos das mulleres e nenas con discapacidade; abril saúde, maio dedícase ao emprego, xuño fala de economía social e xullo céntrase na accesibilidade. Agosto tratará sobre o voluntariado; setembro a turismo, lecer e deporte; outubro movemento asociativo; novembro a infancia e xuventude e decembro a dereitos.

Podes ver o vídeo dedicado á chave de emprego neste enlace:

https://youtu.be/kPw-OqJ0Nh8

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete