As obras de humanización da contorna parroquial de San Mamede de Torroso en Mos poderán licitarse este verán

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a alcaldesa de Mos asinaron o convenio de colaboración que permite iniciar a contratación desta obra pública. Trátase dunha actuación do Plan Hurbe, para o que se aprobou unha retención de crédito hai unhas semanas.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá licitar este verán as obras de humanización da contorna parroquial de San Mamede de Torroso en Mos, despois de que a conselleira e a alcaldesa de Mos asinaran esta mañá o convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello. Esta actuación é un proxecto que se inclúe no Plan Hurbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego para impulsar e colaborar en actuacións enfocadas a mellorar os espazos públicos, tendo en conta as necesidades de utilización e en relación coa mellora da contorna, o ambiente e a calidade de vida.

Neste caso concreto, a intervención consiste en acondicionar unha zona de esparexemento na contorna parroquial de San Mamede de Torroso, co fin de mellorar e poñer en valor unha zona moi concorrida do municipio e punto de encontro para moitos veciños, pois localízase en pleno centro de Mos e moi próximo á igrexa da parroquia que leva o mesmo nome. 

Todos estes traballos, cun custo de 437.500 euros dos que a Xunta achegará o 70% e o Concello de Mos, o 30% restante, dan reposta ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas. Por iso, puxo en valor a importancia de establecer lazos de colaboración cos municipios en proxectos que, coma este, buscan mellorar e potenciar espazos e equipamentos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñer en valor certas zonas, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus veciños.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete