A socialista mosense Verónica Costas Campo pásase aos non adscritos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo municipal do PSdeG de Mos quédase con catro concelleiros tras pasarse unha das súas concelleiras aos 'non adscritos' na corporación.

 

Verónica Costas Campo, veciña da parroquia de Torroso e de 40 anos de idade, deu hoxe o paso no primeiro pleno presencial trala pandemia que tivo lugar no pazo de Mos ás 10:00 h. Dá este paso "tras meditalo moito", aseguraba, e continuaba decindo que é unha situación incómoda para alguén que apostou por unha opción política que lle vén de familia, xa que todo o mundo a coñece por ser filla de Emilia e defensora sempre das ideas do partido socialista.

Desexou sorte aos seus compañeiros pero indicou que non se sentía cómoda pertencendo ás filas políticas dos socialistas de Mos, indicando á súa vez que se sentiu totalmente desprazada e que nunca a tiveran en conta. Argumentou que tampouco o fai por cartos como sabe que veñen dicindo os seus compañeiros en diferentes grupos, nin tampouco por envexa da súa, ata agora, compañeira e voceira, Vitoria Alonso, Deputada Provincial. Finalizou a súa intervención desexándolles sorte os seus xa excompañeros de partido e ocupando o seu novo lugar no pleno.

Pola súa banda, o PSdeG, non fixo declaracións ao respecto no pleno.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete