Pleno ordinario no Concello do Porriño.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Pleno ordinario no Concello do Porriño.

O gobernó municipal leva unha operación de crédito para aboar  2,5 millóns de euros a proveedores

O goberno municipal coaligado PSOE-BNG que preside Eva García levará ao pleno ordinario de xuño, a proposta dunha operación de crédito extraordinario por importe de algo máis de 2,5 millóns de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes do exercicio de 2019.  É un dos oito asuntos da orde do día da sesión convocada para mañá martes 30, a partir das 18 horas. Será presencial só para os corporativos e polo tanto a porta pechada e sen público, a causa das actuais restricións pola “Covid-19”.

Na Comisión Municipal de Economía e Fazenda celebrada previamente, o asunto informouse cos votos favorables de PSOE, BNG e Manuel Carrera e coas abstencións de EU SON e Partido Popular. A coantía exacta da operación que se propón para a súa aprobación inicial é de 2.554.751,37 €.

No mesmo pleno, o goberno municipal leva á consideración da corporación, entre outros asuntos, a modificación da ordenanza de estacionamento en “Zona Azul” e a posible adhesión do Porriño ao Centro Provincial de Acollida de Animais (“CAAN”). dependente da Deputación.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete