O Concello de Tui amplía o prazo para solicitar as axudas da ARI

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ampliado até o 5 de agosto o prazo para a presentación de solicitudes

 

Até o 5 de agosto ampliouse o prazo de presentación de solicitude de axudas para reformas, rehabilitación, mantemento e mellora das vivendas situadas dentro da Área de Rehabilitación Integral de Tui. O prazo rematara inicialmente o 19 de maio, pero tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar o mesmo en case dous meses máis.

As persoas interesadas poden descargar o impreso de solicitude en http://www.tui.gal/gl/axudas-na-ari, solicitalo por correo en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou recollelo persoalmente na oficina da ARI solicitando cita previa. Pódese ampliar esta información no 986 60 36 25 ext. 34 os martes de 9:00 a 14:00 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Esta axudas están reguladas polo Plan Estatal de Vivenda a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

As actuacións subvencionables son as de mellora da eficiencia enerxética e sostenibilidade das vivendas unifamiliares e de tipoloxía residencial colectiva, incluídas as que se fagan no interior das súas vivendas (mellora envolvente térmica, novas instalacións...). Tamén se poden beneficiar das actuacións de conservación en xeral e de mellora da seguridade de uso e da accesibilidade. (instalación de ascensor, salvaescaleiras, ramplas, baños accesibles...). Tamén se poden beneficiar destas achegas a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, incluso no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete