A Asociación Ponte Solidario organiza un proxecto de apoio educativo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O proxecto está dirixido ao alumnado con dificultades para seguir a teleformación durante o confinamento. Ante esta discriminación Ponte Solidario optou por ofrecerlles clases de reforzo gratuítas, co obxectivo de mellorar o seu nivel académico de cara ao próximo curso

As clases serán impartidas por mestras voluntarias durante os meses de xullo e agosto

 

Como en toda crise, as persoas con peores condición socioeconómicas son as máis perxudicadas. O confinamento, decretado para atenuar a propagación da Covid-19, levou á implantación da teleformación nos centros de ensino, non obstante, parte do alumnado non dispón dos medios, espazos ou apoios necesarios para o acceso a esta formación a distancia. Por este motivo, e para mitigar as desigualdades provocadas por motivos socioeconómicos, Ponte Solidario decidiu organizar este proxecto de apoio educativo.

Para levalo a cabo, o proxecto foi trasladado a todos os centros públicos de ensinanza de Ponteareas, tres dos cales interesáronse pola proposta e, considerándoa unha boa iniciativa, foron os encargados de dala a coñecer entre as familias. Por outra parte, as familias que participan regularmente na asociación tamén se beneficiarán deste proxecto.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete