A AAVV San Benito e San Sebastián entrega os premios Fidenciano Palacín

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Aínda que este ano non se poido facer este acto no local da asociación veciñal, achegáronse os premios ao Centro de Saúde para facerlle entrega aos profesionais sanitarios do Porriño e ao responsable de Protección Civil Suso "Carrola"

A xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián entregaron hoxe os Premios Fidenciano Palacín 2020, premios que otorga a asociación veciñal ás persoas e colectivos que este ano contribuirán á mellora dos barrios e das persoas do Porriño.

Neste ano, o premio ao colectivo recaiu nos traballadores e persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño. Trátase dun premio altamente merecido pola súa gran labor de moitos anos e, especialmente, este ano coa crise sanitaria do Coronavirus. Trátase dun premio que toda a asociación quiso entregar para recoñecer a súa valente labor, as veces sen o material necesario e nun intre no que todo O Porriño está reivindicando a mellora do Centro de Saúde.

Por elo, e polo seu gran traballo, profesionalidade e como apoio á súa gran labor e reivindicacións necesarias, a AAVV San Benito, entregoulles hoxe a todos os traballadores sanitarios do centro o premio elaborado polo escultor porriñés, Paco Candán. O premio foi acompañado dun agasallo gastronómico de doces porriñeses para que todos os traballadores poideran disfrutar do mesmo. O premio foi recollido con certa emoción polo responsable do centro médico, o Dr. Javier García Soidán, ao igual que o resto dos profesionais sanitarios.

Asimesmo, o premio á persoa máis comprometida do barrio, foi entregada este ano ao responsable de Protección Civil do Porriño, Jesús Vieito, coñecido socialmente como "Suso Carrola". Este veciño do barrio de San Sebastián foi sempre unha persoa moi comprometida que sempre axuda na organización de eventos sociais, nos problemas de seguridade, alertas ou calquer necesidade que teña a poboación do Porriño. Por iso, e pola súa incombustible labor de apoio social, a AAVV de San Benito decidiu entregarlle o galardón á "Persoa máis comprometida" correspondente ao ano 2020.

A entrega destes premios, tradicionalmente facíase nun acto da Asociación, pero este ano foi imposible pola situación sanitaria do coronavirus.