O Concello de Mos anuncia un investimento de case medio millón de euros en asfaltados na véspera do inicio da campaña electoral

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Grazas a varias subvencións autonómicas e do Plan Concellos da Deputación acometerá próximamente un total de 6 obras de reposición do firme que mellorarán a seguridade viaria nas parroquias de Guizán, Tameiga, Mos e Cela.

 

O Concello de Mos mellorará próximamente a seguridade viaria en estradas do municipio coa realización de seis obras de asfaltado nas que se investirá un total de 453.324,09 de euros. Estes traballos serán posibles grazas a axudas autonómicas e do Plan Concellos.

A administración local mosense márcase neste senso, desde fai xa varias lexislaturas, o obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais. E dentro deste Plan, o Concello informou hoxe, na véspera do incio da campaña electoral, que próximamente se levarán a cabo as seguintes obras: o asfaltado do Camiño de Coviñas en Guizán, da Estrada Louriñó-Sobráns tamén en Guizán e do Camiño do Pazo en Tameiga, do aparcadoiro de San Eleuterio, do Camiño da Quringosta no barrio da Zapateira en Mos e da Estrada Generoso Domínguez ata o cruce de baixada á Picota.

O primeiro dos asfaltados en acometer será o do Camiño de Coviñas, xa que o inicio dos labores de reposición do mesmo é inminente: comezan o vindeiro luns, 22 de xuño (conta cun orzamento de 27.030,68 euros e está subvencionado polo Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia). Para os demais atópanse tramitadas subvencións ás respectivas administracións provincial e autonómica. Para a Estrada Louriñó-Sobráns, cun orzamento de 261.467,64 euros, e o Camiño do Pazo, con orzamento de 57.270,68 euros, tramitouse subvención con cargo ao Plan Concellos; ao igual que no caso do aparcadoiro en San Eleuterio (cun orzamento de 36.000 euros).

Tamén con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais da Xunta tramitouse a solicitude de axuda para asfaltado e mellora da seguridade viaria no Camiño da Quiringosta, que ten un orzamento de 41.555,09 euros. E con cargo ao PIR da Xunta de Galicia solicitouse subvención para o asfaltado da Estrada Generoso Domínguez ata o cruce de baixada á Picota, que ten un orzamento de 30.000 euros.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete