O Concello de Salceda revisará a numeración das vivendas de todo o municipio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Salceda de Caselas executará un proxecto de revisión e actualización da numeración das vivendas de todo o municipio. A acción, que conta con un orzamento de 14.730,54 € estará financiado na súa totalidade polo Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra

 

 

Con esta inciciativa levarase a cabo a realización dos traballos necesarios para que no ámbito das parroquias do municipio se dispoña dunha numeración de inmobles actualizada, tanto nos núcleos de poboación (rúas, prazas, etc..) como das entidades diseminadas, así como unha actualización do rueiro municipal (vías e lugares). Esta revisión e actualización ten unha gran importancia para a súa utilización noutros usos municipais, e realizarase en coordinación cos técnicos municipais e de acordo coas normas dictadas polo Instituto Nacional de Estatística para tal fin.

 

Con esta iniciativa, que dá resposta a diversas solicitudes veciñais, resólvese tamén o histórico problema da identificación dos barrios no rural. O proxecto servirá tamén para solucionar moitos dos problemas das entregas do servizo de correos, que en moitas ocasións se vían dificultadas pola numeración das vivendas, sobre todo nas zonas máis rurais, nas que non sempre resulta doado seguir a numeración existente.

 

Nunha segunda fase, que o Concello ten xa solicitada tamén dentro do Plan Concellos 2020, dotarase de placas identificativas a tódalas vivendas do municipio, nas que se incluirá o nome da vía, praza, barrio, etc, asi como o número da vivenda, o que suporá a solución definitiva aos problemas de ubicación que se están a dar neste momento. Esta segunda fase custará 18.029 €, que previsiblemente serán financiados dentro do mencionado Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Rubén González, Concelleiro de medio rural"Este goberno ten una aposta clara polo rural, resolvendo con esta iniciativa problemas claves como a localización dunha persoa enferma nun momento de emerxencia como pode ser a chegada dunha ambulancia"

 

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Estamos a falar dun proxecto ambicioso que sen dúbida vai resolver moitos dos problemas existentes ata o de agora, sobre todo no que se refire aos servizos de correos e paquetería. Con esta iniciativa seguimos a mellorar os servizos e a calidade de vida no rural, conscientes da riqueza que supón vivir nas nosas parroquias”

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete