ACIPOR solicita con urxencia a reapertura da zona azul

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño insta ao Concello a retormar o control do estacionamento municipal nas rúas para para favorecer a movilidade e ao comercio

 

 

A Asociación de Comerciantes e Industriais de O Porriño -ACIPOR- e usuarios da Praza de Abastos  fixeron público o luns un comunicado sobre a necesidade de impulsar canto antes retomar o uso e control da zona azul do Porriño como medio de dinamizar a movilidade local para favorecer o comercio local, tal e como xa se acordou fai máis de un mes.

O Comercio do Porriño urxe retomar o control da zona azul no casco urbano do Porriño acordado o día 11 de maio de 2020 entre o Concello do Porriño, o comercio porriñés a través da Asociación de Comerciantes Industriais do Porriño (ACIPOR) e usuarios da Praza de Abastos, nunha reunión mantida no Salón de Plenos onde tamén se atopaban concelleiros de diferentes concellarías e a alcaldesa Eva García de la Torre.

Retomar o control do uso da zona azul é unha medida necesaria para a dinamización e revitalización para o sector comercial, xa que axilizaría a movilidade nos aparcamentos máis próximos á zona comercial, nun momento no que despois de varios meses pechados polo confinamento, o comercio do Porriño está tentando voltar á habitualidade. Trátase dunha medida precisa para impulsar o comercio local tras á volta á normalidade, logo de superar a desescalada polo COVID-19 e que é urxente por en marcha.

A Directiva da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR-, en representación do comercio local, fai deste xeito, un novo chamamento ao Concello para non demorar máis a posta en marcha desta medida, aprobada xa fai máis dun mes.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete