Volve á rúa o mercado do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Sergio Casal, concelleiro de Comercio manifestou estar “satisfeito do resultado e ambiente que lle da á vila” coa nova organización de espazos o mercado ambulante dos martes que se celebrou onte, por primeira vez despois de cen días polo estado de alarma

 

 

Tamén a alcaldesa Eva García resaltou que “a nova configuración do mercado dalle moita máis vida á zona peonil ao tempo que se respectan os protocolos sanitarios”. A alcaldesa, acompañada de Lourdes Moure, concelleira de Seguridade percorreu o mercado a mediodía para comprobar o resultado entre a veciñanza.

O mercado ocupa unha franxa de aproximadamente un quilómetro entre San Sebastián e a praza do Concello coa ocasión da estrea da nova distribución. Os postos colocaronse tan só nunha beirarrúa o que permite ter espazo dabondo para que os peons poidan circular gardando as distancias de seguridade e ao mesmo tempo respectar as terrazas dos bares e os escaparates do comercio establecido.   

Cada posto ocupou un máximo de 6 metros lineais e gardaba unha  distancia de 2 metros co seguinte. Os postos de venda de productos alimentarios e prantas instalaronse na rotonda de San Sebastián.

Finalmente, montaronse a meirande parte dos 128 postos de venda autorizados e sinalizados. Sen embargo, unha parte de vendedores, do colectivo xitano decidiron non montar os seus postos en desacordo coa orde de asignación dos mesmos.

Ao respecto, o concelleiro de Comercio manifestou que agarda que “ese sector de vendedores volva ao Porriño”. Sergio Casal declarou que “lles pido que reflexionen e que comproben que a nova organización de espazos é do gusto da xente e que nos gustarían que todos estean no novo mercado ambulante dos martes”.    

Para garantir que o mercado ambulante funcione con normalidade, a rúa Pío XII estivo cortada ao tráfico rodado. E os ambulantes deben descargar, montar os postos e retirar os seus furgóns antes das 8,30 horas e recoller a partir das 14 horas.