O estado de alarma dá a milleiros de afectados unha derradeira oportunidade de recuperar o diñeiro investido en vivendas non entregadas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As persoas afectadas, pola compra sobre plano, anteriormente a outubro de 2015, de vivendas non entregadas poderán reclamar a devolución do investimento e os intereses até finais de ano.

 

Até a declaración do estado de alarma, o prazo para reclamar o diñeiro dado por unha vivenda non entregada, naqueles contratos asinados antes do 7 de outubro de 2015, remataba o 7 de outubro de 2020. Porén, o decreto que declarou o estado de alarma acordou, entre outros aspectos, a suspensión dos prazo de prescripción. Desta maneira, ao devandito prazo hai que engadir os días no que tal suspensión estivo vixente.

O pasado 4 de xuño acordouse de finalización de tal suspensión, polo que a fin do prazo é adiada até o 25 de decembro de 2020. Esta é a última oportunidade para que os compradores dunha vivenda sobre plano, sendo que a adquisición se realizase antes do 1 de xaneiro de 2016, poidan reclamar a devolución das súas aportacións xunto cos intereses legais.

Os dereitos dos adquirintes, para as compraventas de vivendas sobre plano eralizadas antes da data indicada, son rexidos pola Lei 57/68. Esta norma exixía ás promotoras e cooperativas de vivenda sobre plano contratar un seguro ou aval bancario que garantise a devolución das aportacións dos compradores, caso as vivendas non fosen entregadas no prazo convindo. Se tal garantía non era pactada e o banco onde se realizaban as aportacións permitía facer ingresos dos compradores a lei declara responsábeis ás entidades bancarias.

Pese a tratarse dunha lei que ten case 50 anos, o normal entre os compradores que ficaron sen a súa vivenda como consecuencia da crise inmobiliaria era acudir aos xulgados e reclamar á promotora ou xestora. Así e todo, na maioría dos casos, os compradores conseguen unha sentenza favorábel, mas en poucas ocasións recuperan o seu diñeiro porque a maioría daqueles decláranse insolventes.

Trátase dunha situación que afecta a milleiros de persoas dende finais dos anos 1990, cando comezou a burbulla inmobiliaria e moitas promotaras e cooperativas crebaron deixando aos compradores de vivenda sen as súas casas e sen os aforros investidos. Con todo, ata o de agora nen as entidades públicas nen as privadas trataran este problema que afecta aos compradores de todo o territorio do Estado. Os afectados pola compra de vivenda sobre plano descoñecen a posibilidade, e o dereito ten que recuperar as cantidades aportadas. Pois os afectados deben saber que os xulgados e tribunais dictaron, nos últimos anos, sentenzas favorábeis aos cooperativistas e compradores de vivenda que avalan a posibilidade de que estes recuperen o investimento e os intereses.

Por outra vanda, é importante salientar que, aínda que o novo prazo de prescripción do 25 de decembro poida semellar lonxano, este tipo de reclamacións conlevan a recompilación dunha serie de documentos que non poden ser recollidos de maneira inmediata, senón que pode levar meses. Por este morivo, para poder reclamar as aportacións con garantías de éxito, os afectados deben poñerse en mans de expertos así que sexa posible, pois trala data sinalada, non haberá posibilidades de recuperar o diñeiro investido.

Segundo afirma Marta Serra, directora de El Defensor de tu Vivienda: “Desde a nosa experiencia, sabemos que a maioría dos compradores de vivenda sobre plano que asinaron os seus contratos antes do 7 de outubro de 2015 non recuperaron o seu diñeiro. É por iso que queremos transmitirlles que aínda están a tempo de recuperar as cantidades dadas para a compra das súas vivendas non entregadas. Son xa moitos os xulgados e tribunais que lles deron a razón e milleiros de compradores que recuperaron os seus aforros e intereses legais, grazas á xurisprudencia existente. É importante dar a coñecer esta vía e o seu prazo de prescripción, posto que hoxe hai todavía moitas persoas que non coñecen esta posibilidade que lle permitirá recuperar grande parte dos aforros da súa vida. Infelizmente, para moitos deles, depois do 25 de decembro, non haberá solución".

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete