O Concello licita contratos por 3,8 millóns de Euros pretendendo dinamizar a economía local

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello licita contratos por 3,8 millóns de Euros pretendendo dinamizar a economía local

O Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que pretenden dinamizar a economía local.

As licitacións abranguen dende aprovisionamentos diversos para vías e obras, aluguer de maquinaria, subministracións varias, ata a prestación de servizos de mantemento dos campos de fútbol municipais ou limpeza dos centros educativos. Tamén están incluídas nese conxunto de licitacións varios proxectos de obra como a humanización da rúa Aloques e a pavimentación de camiños municipais en Torneiros, Centeáns, Covelo e Cavadas que sairán en tres lotes de adxudicacións.

A concelleira Lourdes Moure, responsable de Contratacións e Persoal pondeoru “o excelente traballo realizado polos funcionarios dos departamentos de Contratación, Intervención máis os técnicos municipais que habilitaron as partidas orzamentarias para acometer estas licitacións para servizos fundamentais”.

Engadiu a concelleira que “a progresiva desescalada permitiu a reincorporación da meirande parte dos traballadores e funcionarios do Concello” o que posibilitou que se reactivasen ata catorce licitacións que se resolverán neste mes de xuño.

Todas as licitacións en curso pódense consultar no Portal de Transparencia na web do Concello (o.porrino.org), na pestana "Perfil do Contratante".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete