Pleno Extraordinario no Porriño para o sorteo das mesas electorais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

ACTUALIZACIÓN: DESCONVOCOUSE POR MOR DUN ERRO DE INTERPRETACIÓN DO CALENDARIO FIXADO POLA XUNTA ELECTORAL

O Concello porriñés celebrará mañá venres sesión plenaria  presencial para  a elección dos membros das mesas para as Elección Autonómicas do vindeiro 12 de xullo 

 

 

O Concello do Porriño convocou, para mañá venres ás 13.00 h, Pleno Extraordinario da Corporación Municipal para realizar o sorteo dos veciños que serán membros das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo.

Dado que se trata dunha sesión moi breve consistente en accionar o procedemento informático para o sorteo que se realiza automáticamente, determinouse que a sesión plenaria sexa presencial, xa que non é precisa a presenza da maioría dos corporativos. 

Dase a circunstancia de que o pasado 6 de marzo, noutro pleno extraordinario xa se celebrara este sorteo. Pero entón, a desconvocatoria das eleccións inicialmente datadas para o 5 de abril, obriga a repetir mañá o proceso.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete