A humanizacion da rúa Aloques no Porriño sae a licitación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase dun proxecto con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra

 

 

O Concello do Porriño sacou a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, con cargo ao Plan Concellos 2020. É un proxecto do goberno municipal, a proposta do concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira, que plantexa o tratamento deste espazo urbano cunha mellora que abrangue a renovación e ampliación dos servizos existentes. 

As actuacións comprenden a demolición do firme actual e a súa substitución por un enlousado en pedra e ademais, acometerase a recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga, telecomunicacións e electricidade.

Deste xeito, a rúa Aloques establecerase como tránsito peonil, sen tráfico de vehículos agás residentes, segundo o proxecto que foi presentado previamente polo concelleiro de infraestruturas aos residentes, na reunión que celebraron o pasado 5 de decembro no Concello.

Na páxina web do Concello (oporrino.org), no Portal de Transparencia, na pestaña Perfil do Contratante, pódense consultar as condicións do prego. A licitación, aberta, dende o martes 2, establece que unha vez adxudicado  o contrato, as obras comezarán en setembro e terán un prazo de execución de 4 meses.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete