O mosense Antonio Barros Serodio representará ao Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O cantante foi clasificado na terceira rolda en Recantos de Ouro de Luar.

 

O mosense Antonio Barros Serodio defenderá, o vindeiro venres 5 de xuño, na cuarta rolda da sección Recantos de Ouro do popular programa Luar da TVG, o Recanto de Vigo e comarca. Interpretará nesta ocasión dúas cancións: “La morena de mi copla” de Alfonso Jofre de Villegas e Carlos Castellano, e  “My way” ("A miña maneira") de Jacques Revaux e Paul Anka.

Barros, tras acadar 36 puntos na terceira rolda, espera poder seguir contando co apoio dos televidentes, a través das cinco chamadas telefónicas, o número que aparecerá na pantalla do televisor.