Inícianse as execucións subsidiarias de Medio Ambiente nas fincas de Mos que non foron limpadas polos seus propietarios

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A limpeza das fincas inventariadas no Plan Municipal Contra Incendios debe ser realizada polos propietarios. Caso non sexa así, actuará unha empresa pública no seu lugar, sendo os propietarios sancionados e responsábeis dos custos. Ante calquera dúbida, os titulares dos terreos poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente para pedir cita e acudir a aclarar as preguntas que poidan ter.

 

O Concello de Mos informou onte do inicio das execucións subsidiarias de Medio Ambiente para a limpeza de fincas dentro do un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Neste senso, anúnciase que se procede a limpeza de fincas con expediente sancionador de Medio Ambiente que non foron limpadas polos seus propietarios no prazo establecido. E comunícase, para coñecemento dos propietarios que, ante calquera dúbida, poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente (986 09 70 37) para pedir cita e acudir a aclarar as cuestións que se plantexen a este respecto.

Ademais desde a concellería de Medio Ambiente infórmase de que se procederá tamén a sancionar con multas coercitivas ao resto de denuncias. Este procedemento atópase incluído no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que o Concello de Mos aprobou tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, SEAGA e a Fegamp.

O Concello de Mos adheriuse o ano pasado a este Convenio que ten por obxecto instrumentar a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, mediante o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, remitindo a Xunta de o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Mos.

O Plan Municipal intégrase dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza) e dos Plans de Distrito; así como no Plan de Emerxencias Municipal. Este Plan Municipal inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas cuxos propietarios deben proceder á súa limpeza. Deste xeito se deberá dar cumprimento por parte dos propietarios e propietarias de todos os predios, montes e soares incluídos no plan de prevención ás obrigas de prevención e defensa contra os incendios forestais, manténdose nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza co fin de previr e evitar o risco de incendios, sendo as distancias de seguridade a respectar de 50 metros desnde as edificacións libre de maleza e libre de pino, mimosa, eucalipto, fento, toxo, acacias e resto das especies que regula a normativa e requirindo en caso contrario por parte do Concello o seu cumprimento, podendo contratar no seu caso a xestión co SEAGA (Empresa Publica de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) da Xunta de Galiza. En caso de incumprimento, execútase de forma subsidiaria con repercusión dos custes ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes, fase que se inicia agora.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete