O Conservatorio de Torroso publica o calendario das probas de acceso ao 1º curso de Grao Profesional

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O CEMU Profesional de Música de Torroso-Mos. Escola de Música de Mos, con sede no edificio do Centro Dotacional de Torroso, informa de que o Conservatorio de Mos xa ten nova información e calendario para as probas de acceso ao 1º curso de Grao Profesional 2020/2021. 

 

Toda a información, prazas e os impresos necesarios están dispoñíbeis na páxina do Centro Cultural de Torroso www.crctorroso.com. Segundo a información publicada, será a partir do 11 de maio que se anunciará o número de prazas dispoñíbeis. Do 1 ao 10 de xuño, os candidatos entregarán os impresos e o xustificante bancario das taxas, a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

As probas de acceso serán a partir do 22 de xuño, previsiblemente, e o día 29 serán publicadas as listas de admitidos e de espera. Ata o 1 de xullo haberá un prazo de reclamacións e as matrículas se formalizarán entre o 2 e o 10 de xullo.

De maneira excepcional, esta convocatoria non computará aos efectos do número maximo de probas ás que os candidatos se poidan presentar. Tampouco deberán aprender unha peza de memoria nin dispoñer de un acompañante musical.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete