O Concello de O Porriño pon en venta 26 dos vehículos que formaban parte do parque móbil municipal.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os interesados en adquirir os vehículos retirados do parque móbil  poderán comprobar o seu estado en visita con cita previa.

 

O Concello do Porriño anuncia que as persoas interesadas en adquirir algún dos 26 vehículos do parque móbil municipal que se retiraron no outono pasado, poderán concertar cita previa para comprobar o estado dos mesmos. Os vehículos atópanse no Multiusos de Torneiros, onde poderán ser vistos polos interesados. As visitas serán os vindeiros días martes 9 e xoves 11 de xuño, previa solicitude de cita previa á Policía Local no teléfono 986 33 5000, en horario de 9 a 14 horas.

A partir de mañá mércores 3, no “Perfil do Contratante” do Concello do Porroiño, os interesados poderán consultar as condicións para a presentación de plicas en sobre pechado no prazo que rematará o 19 de xuño. 

Entre os 26 vehículos que formaban parte do parque móbil municipal, cunha antigüidade media de 20 anos que se retiraron, figuran un “Volvo 580” comprado polo Concello do Porriño e matriculado en 2002 (con José Manuel Barros de alcalde) que sairá cun prezo de partida de 2.200 €.

Hai diversas furgonetas C-15, Citroen Berlingo, Peugeot Partner con 23, 25 e 27 anos de uso. Tamén vehículos da Policía Local como un “Land Rover Freelander”, un “Nissan Almera” ou un “Peugeot 607” de 2.900 centímetros cúbicos, matrículado hai 17 anos que xa estaban fora de uso.  O vehículo que sae cun prezo de partida máis alto é un “Ssangyong Action” valorado en 5.800 euros.

Os vellos vehículos foron retirados o 8 de outubro de 2019, data na que se entregaron os 25 novos que se incorporaron ao parque móbil municipal mediante unha operación de “renting”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete