O Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de sensibilización co fin de conseguir uns hábitos hixiénicos á hora da xestión dos residuos.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de sensibilización co fin de conseguir uns hábitos hixiénicos á hora da xestión dos residuos.

Baixo o lema “O lixo ten as horas contadas” o Concello de Salvaterra busca minimizar os inconvenientes que poden xerar os contenedores abertos no tempo de máis calor no Casco Urbano.

Sabemos que ante a situación xerada polo COVID-19 os nosos veciños e veciñas prefiren ter os contenedores abertos, pero iso supón un compromiso e uns bos hábitos por parte de todos e todas. Con esta campaña o que queremos facer é incidir na importancia que ten o horario que utilicemos para depositar o noso lixo, porque desta maneira evitaremos baixar a basura no horario de máis calor, onde se xeran os cheiros máis fortes provocados pola fermentación da propia basura.

Ademais é moi importante que o lixo que tiremos vaia dentro de bolsas pechadas, que non tiremos enseres ou basura nas beirarrúas nin ao lado dos contenedores, en fin que sexamos respectuosos e así conseguiremos unha convivencia respectuosa co medio.

Por outra banda dende o Concello informan que nos próximos días colocarán cámaras no Punto de Recollida de Enseres, xa que nas últimas semanas estase levando a cabo o abandono incontrolado de diferentes enseres e desperdicios que teñen que ir a xestores especializados nas portas do recinto, unha conducta intolerable por parte da poboación e que o Concello perseguirá baixo sanción económica