Asinado o convenio entre o Concello de Tui e Cáritas para a recollida de roupa usada

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Amplíase até doce o número de contedores para a recollida de roupa usada

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron onte – coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio García, rubricou o convenio coa administración municipal.

O Concello de Tui aposta así por este proxecto social, que amais permitirá incrementar de 10 a 12 o número de colectores de roupa usada distribuídos no municipio. Os 8 primeiros están xa situados no Punto Limpo, en Areas, na Avenida da Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San Bartolomeu. Os outros catro serán situados nos próximos días noutras tantas ubicacións.

O proxecto que desenvolve Cáritas Diocesana Tui-Vigo ten por obxectivo dignificar a entrega de roupa a persoas en situación de vulnerabilidade, coidar o medio ambiente, e dar unha oportunidade laboral as persoas que non tiñan posibilidade de atopar un posto de traballo, para o que crearon unha empresa na que xa traballan dez persoas.