Aberto o prazo do concurso que elixirá a frase conmemorativa do Día do Orgullo en Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O lema gañador locerá na rotonda das Angustias do 22 ao 30 de xuño, e poderá participar calquera persoa de calquera idade.

 

Mañá mércores 3 de xuño ábrese ata o 17 de xuño o prazo de presentación de frases conmemorativas do Día do Orgullo LGBT. Para o envío das propostas, as participantes deberán remitir un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. coa frase conmemorativa que presenten a concurso (unha por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto. Dende o Concello detallan que as frases que se presenten a concurso deberán constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 caracter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude.

Tal como informou este xornal, o Concello de Mos ten preparada xa a programación conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o 28 de xuño. O programa baséase, dadas as novas circunstancias, en actividades e iniciativas a través das redes sociais municipais. Realizaranse publicacións periódicas, entre elas vídeos, durante a segunda quincena do vindeiro mes de xuño. Ademais, colocarase tamén durante todo o mes de xuño no balcón do Concello a bandeira LGBT, como acontece todos os anos. Entre as actividades previstas haberá tamén unha breve charla a cargo de presidentes ou membros da directiva de entidades relacionadas co colectivo LGBT, ou incluso deportistas e outras persoaxes. O propio Día Internacional do Orgullo LGBT, 28 de xuño, publicarase un vídeo conmemorativo, entre outros actos programados para as redes sociais municipais.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete