A Asociación de Panadeiros do Porriño valora a celebración da Feira do Pan noutras datas en 2020

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Asociación de Panadeiros do Porriño valora a celebración da Feira do Pan noutras datas en 2020

Reuniuse o pasado venres 29 de Maio para valorar o futuro da Feira do Pan do Porriño ante a pandemia do COVID-19.

O vindeiro fin de semana sería a data na que se ía celebrar a Vª Edición da Feira do Pan do Porriño, seguindo o costume de celebrar a festa o primeiro fin de semana de Xuño. A principios de ano, a directiva da Asociación e ACIPOR comenzaron como cada ano a planificar a celebración da edición do ano 2020 e mantiveron unha xuntanza co Concello do Porriño para comenzar a súa organización. Pero a chegada da crise do COVID-19, supuxo a obriga de agardar a ver a súa evolución, o que paralizou os preparativos, pero non o interese en desenvolver acción promocionais durante este ano.

Chegados a estas datas, o pasado venres 29 de Maio, a Xunta Directiva da Asociación de Panadeiros, decidía postergar a súa celebración, e acordaron valorar a posibilidade de celebrala nun formato distinto e máis seguro evaluando as posibilidades do proceso de desescalada. “Avisamos a todos os nosos colaboradores de que a festa non se podería celebrar nas datas previstas, pero que non renunciábamos a celebrala se era posible facela nun formato seguro”.

Non paralizar o proxecto, reformulalo para este 2020.

“Facemos un esforzo importante humano e material para crear un evento que promocione O Porriño e o noso pan e non queremos que desapareza. Teremos que buscar un encaixe durante este 2020 cun formato seguro para os cidadáns Dende a Asociación faise unha laboura importante para aportar unha parte importante da financiación da propia feira, correspondendo o resto ás marcas convidadas e aos patrocinios públicos e ao apoio de ACIPOR.”

Segundo a directiva da asociación, estiman que os meses de setembro ou outubro, poderían ser boas datas, como están prevendo outros eventos como o Festival de Cans, para poder celebrar o evento anual de exaltación do Pan do Porriño. “Non queremos deixar pasar a posibilidade de desenvolver un evento promocional do noso pan, inda que estamos abertos a valorar formatos seguros para os consumidores. Somos un sector importante e queremos seguir promocionando o noso pan, especialmente agora que estamos co proceso de certificación do mesmo”.

Por elo, a directiva da Asociación de Panadeiros, vaise dirixir ao Concello do Porriño para evaluar as posibilidades de celebrar un evento promocional durante os meses de setembro-novembro deste ano 2020, inda que sexa noutro formato.