Apertura da Biblioteca Municipal

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Apertura da Biblioteca Municipal

Este luns 1 de xuño, volve abrir as súas portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende que se declarou o estado de alarma.

A Biblioteca funcionará de novo, só en horario matinal, de 10 a 15 horas, de luns a venres.

“Abrimos de novo e facémolo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade. É dicir: uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros, acompañamento dos menores de 14 anos e só servizo de préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención sen que sexa necesaria cita previa”, segundo indicou Camila Moreira, concelleira de Cultura.

Engadiu que o persoal da Biblioteca recomenda que para a devolución de libros “non teñades presa, evitar aglomeracións, hai prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha "amnistía" xeral”, manifestou Camila Moreira.

A concelleira agradece a comprensión e paciencia da veciñanza.

Quen desexe máis información pode consultar a páxina web da Biblioteca: https://bibliotecadoporrino.com/

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete