Seleccionados os 10 proxectos da primeira Aceleradora para o Comercio da Deputación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este luns arrinca a nova iniciativa do programa SmartPeme co obxectivo de axudar á reactivación do comercio da provincia con dez proxectos e utilizando tódalas posibilidades das novas tecnoloxías e do e-commerce

 

Impulsar a reactivación do tecido comercial da provincia, trala crise sanitaria causada pola Covid19, é o obxectivo da nova aceleradora destinada ao comercio que a Deputación de Pontevedra pon en marcha dende mañá luns, mediante a transformación dixital de pequenas e medianas empresas a través do seu programa de fomento da innovación tecnolóxica empresarial SmartPeme.

A institución que preside Carmela Silva vén de seleccionar 10 proxectos dos máis de 20 que se presentaron e  que destacan por responder a ideas de negocio novidosas e polo intento de explorar novos nichos e oportunidades.

Trátase de 10 empresas de comercio minorista que foron seleccionadas por ser negocios cun enfoque innovador e que buscan adaptarse rapidamente á “nova normalidade”, utilizando ao máximo os recursos e posibilidades do e-commerce.

O perfil das persoas emprendedoras seleccionadas é maioritariamente feminino, pois entre os responsables destas empresas hai 6 mulleres e 4 homes. Entre elas hai dende negocios que comezan, a outros que se reorientan aproveitando as súas potencialidades e singularidades e se reparten por distintas localidades da provincia, os proxectos seleccionados son:

- “TipiFiestas Galicia” é unha nova empresa de eventos, radicada en Nigrán, que vai facer dos tipis indios e da decoración temática o seu sinal de identidade. Con esta óptica pretende organizar vodas, bautizos e outras cerimonias.

- “Foodiesandtravellers” tenta apoiarse, dende a súa sede en Mos, no turismo gastronómico para promocionar a empresas de alimentación e de bebidas españolas, tanto no mercado español como no estranxeiro..

- “Blaurtopías” é un proxecto vigués de venda online de obxectos de artesanía como ilustracións, cerámica e serigrafía. Coa axuda de SmartPeme está a mellorar a súa web, integrando directamente a venda.

- “KarinaKova” é unha clínica médico estética creada en 2016 en Pontevedra e que agora busca reorientarse abandonando o apartado médico e centrándose no estético, con especialización en tratamentos faciais e corporais.

- “Broderie” é un proxecto artesanal nacido en Ponteareas e centrado no deseño e creación de produtos destinados aos máis cativos e feitos a man: fadas, bonecas, guirnaldas, camisetas...

- “Tolf”, que é unha tenda de roupa feminina de Pontevedra con marcas exclusivas e deseños especiais nacida en outubro, busca relanzarse despois desta crise sanitaria e o peche polo estado de alarma.

- “Infusiónate” é un negocio lalinense que apostou pola venda de tes e infusións a granel. A aceleradora de SmartPeme está axudándolle a crear unha web, a posicionarse en Google, xestionar márketing dixital e lanzar unha nova liña de produto.

- “Comercial Limeres” e o exemplo máis claro dun negocio tradicional  que se reorienta. Dedícase á venda de lámpadas decorativas nunha tenda familiar creada en Pontevedra en 1976. Dispón de clientela fidelizada e non é raro que reciba a xente que busca modelos concretos que viron en redes sociais.

- “SS3 Professional” dedícase dende Mos á comercialización de deterxentes biodegradables e ecolóxicos. Coa crise da Covid19 creou novas liñas de produtos como desinfectantes, xeles hidroalcólicos e máscaras.

- “Tamerlán” é unha empresa de Vigo dedicada á limpeza e restauración de alfombras a través de procesos tecnolóxicos innovadores. Traballa, fundamentalmente, para tintorerías, pero buscan chegar tamén ao cliente final.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete