Hoxe entra en vigor a peonalización dun tramo da Corredoira de Tui

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Augusto González Besada é de sentido único. A rúa Coruña cambia de sentido e será o acceso ao conxunto histórico

 

Tras os traballos de reordenación do tráfico levados a cabo nos últimos días no centro urbano dende mañá o tramo de Calvo Sotelo – Paseo da Corredoira - entre a Rúa Rosa Bahamonte e a rúa Ordóñez, pasa a ser peonil.

Outro dos cambios no tráfico urbano é o sentido único no tramo de Calvo Sotelo dende Rosa Bahamonde a Irmáns Maristas, e en toda a rúa Augusto González Besada. Nestes viais habilitáronse 70 prazas de estacionamento en Zona Azul – gratuíto limitado a 90 minutos – das que 40 son en batería diagonal e 30 en liña. Sinalizáronse amais 4 prazas para a Policía Local, 3 para persoas con mobilidade reducida e 3 zonas de carga e descarga no horario establecido. Tamén se crearon 12 prazas para estacionamento de motocicletas.

Como consecuencia do establecemento destes sentidos únicos a rúa Camilo José Cela cambia de sentido e pasa a ser de acceso dende Calvo Sotelo á Praza de Galicia, e o mesmo acontece coa rúa que vai de Praza de Galicia a Augusto González Besada onde este será o sentido de circulación.

A rúa Coruña cambia tamén o sentido de circulación e agora será dende Martínez Padín a Ordóñez. Este será o acceso agora ao centro histórico para residentes e servizos.

En todas estas rúas, queda restrinxida a circulación de vehículos de ata 3.5 tn , agás cargas e descargas autorizadas. Nos últimos días levou a cabo o repintado da sinalización en todas estas rúas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete