Salceda crea 100 prazas de aparcamento gratuíto no entorno do novo centro de saúde

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar a adecuación de dúas novas zonas de aparcamento no entorno do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo.

 

 

Os novos espazos, que suman en torno a 2.200 metros cadrados e supoñen a creación de 100 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estarán dispoñibles para ser usados nas vindeiras semanas, unha vez se proceda ao pintado da zona. Neste caso trátase de dous terreos municipais, que agora se poñen a disposición da veciñanza. Con este son xa 16 os aparcamentos esparcidos por todo o núcleo urbán en zonas comerciais e administrativas. Estas áreas resultan fundamentais para a axilización do tráfico e para seguir a conseguir unha maior calidade de vida na vila, seguindo o previsto no Plan de mobilidade sustentable de Salceda, na procura de permitir o estacionamento práctico, cómodo e gratuíto para os novos espazos da vila. Neste caso falamos de dous espazos que resultarán fundamentais en pouco tempo coa apertura do novo centro de saúde, prevista para este verán. A actuación comprende tamén a creación de prazas reservadas para o persoal sanitario, ambulancia e persoas con discapacidade. Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Levamos creado case 1.000 prazas de aparcamento gratuíto no centro da vila, o que se fai máis importante que nunca nun momento como o que estamos a vivir, en que se fai fundamental a recuperación de espazo para as persoas. Coa adecuación destes novos espazos damos o último paso para a esperada apertura do novo centro de saúde. Salceda está preparada para esa gran data”

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete